Share
11/04/2026 - 20:00h | Auditorio Municipal | Vigo

Sabes que las flores de plástico nunca han vivido, ¿verdad?

  • Un espectáculo teatral a cargo de Tanttaka Teatroa

Sabes que las flores de plástico nunca han vivido, ¿verdad?
Rede galega de teatros e auditorios

Sinopse

Tres persoas, ou catro, mellor dito:

LUCÍA ten unha depresión de cabalo que fai que viva unha experiencia vicaria a través de YOLDI, unha marabillosa moza con discapacidade intelectual.

YOLDI coidará as plantas de JOSÉ MANUEL, prestixioso psicoterapeuta que por unha parálise cerebral, vese abocado a unha dependencia total. Só fala coa súa psiquiatra dunha relación moi íntima que mantén con ALEXA, unha intelixencia artificial.

MARTINA, psiquiatra, un pelín misántropa, que non pode máis. Non pode coa vida. Non é capaz de axudar á súa filla Lucía. Vai tirar a toalla? Se cadra, si.

Por suposto, ningún dos tres, perdón, catro, sabe nada do que lle sucede ao resto, nin das súas desilusións, nin dos seus segredos; pero hai algo impepinable: que o mellor que lles pasou nesta vida foi coñecerse e que os seus camiños se cruzaran.

 

Ficha artística

Autoría e dirección: Mireia Gabilondo

Escenografía e iluminación: Fernando Bernués

Vestiario: Ana Turrillas

Música : Mikel Laboa/ Fernando Velázquez

Elenco artístico: Mireia Gabilondo, Aitziber Garmendia e Telmo Irureta