Share
11/04/2026 - 18:00h | Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil | Muros

Absurdia

  • Espectáculo teatral a cargo de Cía Dani Blanco

Absurdia
Rede galega de teatros e auditorios

Unha paisaxe desolada: podería ser un vertedoiro, unha fábrica abandonada, unha trincheira, unha vella estación. Ducias de cadeiras en montóns desordeados.

Tres personaxes abafados por completar unha tarefa que non comprenden e que nunca rematan. Falan, calan, discuten, retórcense, pelexan e danse apertas. Pasan da angustia á euforia cada pouco. Non saben por que están alí, nin o que lles espera. Parece que non poden marchar. Benvidos, isto é ABSURDIA.

 

Ficha artística

Autoría: Antón Coucheiro, Dani Blanco e Arturo Cobas

Dirección: Antón Coucheiro

Adaptación: Antón Coucheiro, Dani Blanco e Arturo Cobas

Escenografía: Elisa Sanz

Deseño son: Dani Blanco

Deseño iluminación: Fidel Vazquez

Vestiario: CDG

Música: Brandon Fietcher

Coreografía: Paula Quintás

Elenco artístico: Antón Coucheiro, Dani Blanco e Arturo Cobas