25/08/2023 - 22:00h
| Toural
| Vilaboa
Rogelio, un pallaso en recuperación
Espectáculo de novo circo a cargo de AsSircópatas

Cultura no Camiño
Rogelio leva vinte anos pechado na súa casa. É un pallaso en recuperación. Despois de ler a Paulo Coelho e seguir unha terapia de doce pasos atópase no último chanzo. Paso número doce: Ser quen de facer en público o que máis lle gusta: A maxia. Rogelio, un pallaso en recuperación é unha entrañable historia de autosuperación para os que non sempre gañan, ou dito de outra maneira para os perdedores. Este divertido espectáculo de clown para todos os públicos pon sobre o escenario un dos grandes retos da humanidade: ser quen de rirnos de nós mesmos. Prepárate para coñecer a Rogelio e gozar do circo, dos malabares, da maxia e de moitas máis cousas.