Share
25/08/2023 - 23:00h | Casa da Cultura | Sandiás

Os contos de Barriga Verde

  • Espectáculo de teatro a cargo de Fran Rei

Os contos de Barriga Verde
Cultura no Camiño

Fran Rei presenta un novo espectáculo unipersoal que mestura narración oral, humor e maxia: O Conto de Barriga Verde.

Escrito por Avelino González, a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os Soños na Gaiola e Aventuras e Desventuras dunha Espiña de toxo chamada Berenguela), O Conto de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense a quen se lle adicou o Día das Letras 2016.

Nesta sinxela historia, Fiz, un mozo labrego galego, terá que enfrontarse ao Serrador e ao Demo polo namoramento da sempre belida Moza. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno ao mesmo tempo demostrarán que nada é máis forte que o amor verdadeiro.

"Aquí sigo: ledo, ufano, satisfeito de estar vivo. Mentras o tempo me gasta: paseo, leo e escribo...! (Manuel María, Os Soños na Gaiola, 1968).