Share
11/08/2025 - 22:30h | Praza de España | Monforte de Lemos

A Roda – Xira 2025

  • Espectáculo de música a cargo da Roda

A Roda – Xira 2025
Cultura no Camiño

A Roda é un conxunto representativo da música popular galega, a música dos nosos cancioneiros, unha música que forma parte do imaxinario galego e do noso patrimonio inmaterial. O concerto do grupo A Roda, pretende promocionar o coñecemento “vivo” da canción popular galega así como fomentar o uso da lingua e a súa dinamización. O espectáculo é integro en galego.

O contido do concerto céntrase en dar a coñecer, mediante un repertorio variado de temas tradicionais os diferentes xéneros que conforman a música galega, é dicir o repertorio da tradición oral. Os diferentes xéneros musicais: muiñeira ou pandeirada, foliada, alalá, valse, pasodobre... están representados nos diferentes temas que interpreta A Roda en directo.