Share
12/08/2025 - 11:30h | Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey | O Grove

Peque Disco Moc Moc

  • DJ MeRe Clown

Peque Disco
Cultura no Camiño

Estabades agardando por unha gran festa e por fin está aquí! Chega... PEQUE DISCO MOC MOC!!!

Con este espectáculo, no que mesturamos música, circo e clown, converteremos nunha auténtica disco móbil circense infantil e familiar todo espazo ó que levemos este espectáculo.

Música, bailes, circo e humor nunha velada chea de sorpresas, na que o DJ MeRe Clown fará gozar nenos, nenas e maiores coa mellor música infantil, rock, hip hop, techno... ¡YES BABY!

Todo iso aderezado cun equipo de iluminación disco, máquina de fume, pompas de xabón, confeti, malabares con lume ou luz e, sobre todo, moito humor.

Porque nesta disco non hai límite de idade.