07/05/2025 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Querer* (capítulos 3 e 4)
Alauda Ruiz de Azúa, 2024

Close-up: Cine e perspectiva de xénero
Miren pon unha denuncia ao seu marido logo de trinta anos de matrimonio por violacións continuadas. A súa decisión suponlle deixar o domicilio familiar e debe buscar traballo logo de tres décadas dedicándose en exclusiva ao coidado dos fillos, xa maiores. Estes, incrédulos ao inicio, deberán tamén reconsiderar as circunstancias nas que foron educados e decidir como relacionarse co pai. O paso á fronte de Miren e a participación de todas as partes no xuízo resultante cambia por completo as relacións na familia, desvela en cada un deles pareceres e comportamentos soterrados e redefine as súas identidades.