06/05/2025 - 19:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Encontro con Alauda Ruiz de Azúa + Querer* (episodios 1 e 2)
Nova sesión do ciclo 'Close-Up: Cine e perspectiva de xénero'

Close-up: Cine e perspectiva de xénero
Miren pon unha denuncia ao seu marido logo de trinta anos de matrimonio por violacións continuadas. A súa decisión suponlle deixar o domicilio familiar e debe buscar traballo logo de tres décadas dedicándose en exclusiva ao coidado dos fillos, xa maiores. Estes, incrédulos ao inicio, deberán tamén reconsiderar as circunstancias nas que foron educados e decidir como relacionarse co pai. O paso á fronte de Miren e a participación de todas as partes no xuízo resultante cambia por completo as relacións na familia, desvela en cada un deles pareceres e comportamentos soterrados e redefine as súas identidades.