Proxecto Identidade
Espectáculo teatral a cargo de Proxecto Morriña

Unha creación antropolóxica que mestura teatro, danza e música para reflexionar sobre a identidade galega e a súa evolución. A peza aborda a perda progresiva do folclore e da lingua, reivindicando a tradición como espazo de resistencia e transformación. A obra afonda na esencia da identidade galega a través da fusión da danza tradicional galega coa danza neoclásica e a música contemporánea. A través da teatralidade e do poder evocador da danza, Proxecto Identidade reivindica o valor da nosa cultura como ferramenta de identidade e resistencia. Ademais, esta obra dá voz e foco a figuras femininas fundamentais da cultura galega, utilizando textos de Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro e Pilar Pallarés para traer á escena a súa mirada e forza poética.