Share
16/08/2026 - 19:30h | Paseo do Malecón | Sarria

Peter Punk Pallaso

  • Concerto PunkInfantil 

Peter Punk Pallaso
Cultura no Camiño

O Concerto PunkInfantil é a nova tolemia de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso. Unha proposta a medio camiño entre un espectáculo teatral e un musical.

O novo espectáculo de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso flúe empregando a música como fío condutor, onde a técnica musical e a técnica teatral combínanse abríndoas cara a novos estilos e públicos. Un espectáculo musical e de clown para todos os públicos

Dous músicos que chegan por equivocación a un mesmo escenario coa intención de ofrecer un concerto. O primeiro, un concerto infantil. O segundo, un concerto punk.

Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común: Un Concerto PunkInfantil.