16/08/2026 - 19:30h
| Aparcadoiro piscinas municipais
| Castroverde
O Último que Apague a Luz
Un espectáculo de A Vela Circo
Cultura no Camiño
Desde o humor e o circo este espectáculo toma como punto de partida o universo creado por dous pallasos que deciden casar. Que pode pasar?
Esta aloucada cerimonia faranos reflexionar sobre o porqué de certas tradicións. Esnaquizarán a torta ou comerán o ramo? A través do movemento e o circo aparecerán as historias máis esmendrellantes que podas imaxinar. Neste ritual como en toda gran voda entremézclanse o clown, equilibrios sobre torta, manipulación de obxectos entre veos e o lanzamiento olímpico do ramo. Todos estes elementos conxúganse na procura dun circo do absurdo, o ritmo e a poética do caos do noso tempo.