Share
12/04/2025 - 19:00h | Salón Teatro | Lalín

Parasimpáticas

  • Espectáculo de Teatro a cargo de Lucía Veiga e Marita Martínez

 Parasimpáticas
Rede galega de teatros e auditorios

Dúas neuronas organizan unha Xunta Extraordinaria Neuronal para analizar o estado da materia gris galaica e estimular novas conexións galaico-simpáticas.

Cada punto da orde do día levará ás neuronas asistentes a percorrer lugares comúns do consciente colectivo, no que a versión galega sempre é moito mellor.

Porque ser galego é un estado mental.

Neste novo espectáculo, Lucía Veiga e Marita Martínez exploran as realidades do galego valéndose do humor e de técnicas de improvisación.