12/04/2025 - 18:00h
| Casa da Cultura
| Burela
Facendo o indio
Galitoon

Rede Galega de Teatros e Auditorios
Elenco: Jonatan García, Rubén Mira.
Este espectáculo conta os costumes ancestrais, a forma de vida dos indios americanos e os coñecementos adquiridos tras xeneracións, desde a visión de todo o que non deberías facer se es un indio americano.
Un repaso á cultura das tribos de indios americanos, na que a nosa tribo dos “pesgrandes” intenta non extinguirse e loitar contra o seu peor inimigo: eles mesmos!
Galitoon recupera a súa particular visión do teatro de humor xestual con esta divertida proposta chea de música, situacións absurdas, interacción directa co público e, por suposto, o seu característico selo dos monicreques e distintas performances nas propostas de teatro familiar.