Share
13/10/2023 - 21:00h | Casa da Cultura | Burela

A parábola do angazo

  • Espectáculo de teatro a cargo de Talía Teatro

A parábola do angazo
Rede galega de teatros e auditorios

No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan morniñas que non dan dito nada, e algunhas tan afiadas que mesmo parece que aguilloan ao falar.

E entre todas elas está a nosa, a galega. Con 'A parábola do angazo' queremos sacar a lingua a pacer. Imos botar unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro.

Así, rindo a eito, poderemos tirar da nosa lingua para sacala ben fórae demostrar que aínda ten moito que dicir.