13/10/2023 - 21:00h
| Forum Metropolitano
| A Coruña
Miss Espanha
Espectáculo de teatro a cargo de Iria Pinheiro

Rede galega de teatros e auditorios
O novo proxecto teatral de Iria Pinheiro ten como protagonista a Emilia Docet, a muller que foi coñecida por ser a “Miss España galeguista”. A interpretación da actriz guía esta peza de teatro documental no que a biografía de Emilia se entretece coa doutras mulleres tamén silenciadas despois de 1936. Como un desfile de voces, ecos e silencios, “Miss Espanha” recupera desde a escena a potencia dunha xeración de galegas que viu truncada a súa historia e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan da nosa memoria.