29/11/2026 - 18:00h
| Pazo da Cultura
| Narón
Panxea
Espectáculo familiar de Teatro Ghazafelhos
Rede galega de teatros e auditorios
Nun futuro hipotético, os continentes volven estar unidos. Pero todo é moi distinto; non hai árbores, nin libros, nin música... Nese mundo atópanse tres personaxes. Son camiñantes que veñen de distintas procedencias e comparten descanso nun mesmo lugar. Alí atoparán un libro e recordarán a melodía das árbores; un murmurio que fala de paz, de tolerancia, da marabilla que é a vida e sabernos todas e todos parte da mesma terra. Dende ese intre, argallarán un plan para que os continentes non volvan separase.
Esta historia de Teatro Ghazafelhos aborda dun xeito divertido e poético a importancia de coidar e coidarnos. Valorar os pequenos detalles, os pequenos xestos cotiáns para convivir en paz.