Share
29/11/2026 - 17:30h | Auditorio Reveriano Soutullo | Ponteareas

Berenguela na gaiola

  • Un espectáculo familiar de Xarope Tulú e Galeteatro

Berenguela na gaiola
Rede galega de teatros e auditorios

Nunha residencia da terceira idade, tres persoas maiores, Berenguela, Aurora e Tomás, deciden representar a obra Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, de Manuel María. A través deste xogo teatral, recuperan a ilusión, a voz e a liberdade que a sociedade lles nega. A proposta, chea de humor e crítica, establece un diálogo entre xeracións e reivindica o dereito a existir con dignidade en todas as etapas da vida. O teatro convértese aquí en ferramenta de rebelión e soño compartido, recuperando a forza do espírito do monte.

Gañadora do IV Certame Manuel María de Proxectos Teatrais e de dous Premios María Casares na 30ª edición en Mellor Espectáculo Infantil e Mellor Adaptación.

Ficha artística:

Dirección: Paula Carballeira

Dramaturxia: Paula Carballeira e Manuel María 

Espazo sonoro: Xabier Bértolo

Caracterización: Lorena Calvo

Iluminación e escenografía: Nicolás Zamorano

Deseño gráfico, fotos e vídeos: Sol Álvarez

Elenco: Alba Bermúdez, Tone Martínez e Atenea García