Pan de broa
Espectáculo familiar a cargo de Cris de Caldas
Caracol, caracola
bota os teus corniños fóra
que o día de San Cribrán
heiche de dar un anaco de pan
“Pan de broa” é unha homenaxe a aqueles ditos e diretes, cancións e poemas que se converteron nos favoritos das familias que fun coñecendo ao longo destes dez anos de contadora para a primeira infancia. Neses encontros adoita xurdir a conversa e o intercambio de lembranzas vencelladas a memoria familiar e tradicional. Así fun sumando máis coñecemento da tradición oral a medida que ía aumentando a listaxe dos meus propios favoritos. De aí nace este espectáculo-obradoiro que xira en torno aos cantos e contos que mellor lle prestan aos peques e familias
Polo tanto, este contacontos musical é o resultado desas conversas nas que se compartiron lembranzas en forma de petiscos divertidos e poéticos.
Petiscos que prestan como o mellores dos alimentos.
“Eu quero pan,
pa -ra- pa-pán
Eu quero pan de broa”