25/10/2026 - 18:00h
| Auditorio Municipal
| Vigo
comedIA
Humor e música con Píscore
Rede galega de teatros e auditorios
Píscore mergúllase no universo da carreira espacial pasada, presente e futura, as novas tecnoloxías, a Intelixencia Artificial e todas as incógnitas que aínda nos agocha o espazo exterior. Chegaremos a habitar Marte? Hai vida noutros planetas? Como será a música alén da Vía Láctea? Unha nova dose de humor e música, con gags trepidantes, referencias cinematrográficas, unha visión divertida da actualidade e novos instrumentos, como o theremin ou o otamatone. E todo isto con astronautas, extraterrestres, naves espaciais e o Universo de fondo.