27/11/2026 - 20:00h
| Casa da Cultura Ramón Martínez López
| Boiro
Outras Bolboretas
Espectáculo de narración oral a cargo de Sole Felloza
Rede galega de teatros e auditorios
Outras Bolboretas. Contos pola igualdade e contra as violencias machistas é un espectáculo que mestura monólogo, narración oral, humor e poesía.
Na voz de Sole Felloza, as historias de nenas e mulleres que se atreven a voar convértense en contos de liberdade: princesas que se coroan soas, mantas voadoras, leóns non tan feroces e recordos gardados nun baúl. Bolboretas fala da forza de quen soña, da memoria das mulleres e dun mundo posible, sen violencia e con igualdade.