Share
27/11/2026 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Army

  • Keisuke Kinoshita, 1944

Army
Keisuke Kinoshita: unha mirada desde a emoción

Rikugun conta a historia dunha casa de empeños, a cal foi rexentada por distintas xeracións desde a Restauración Meiji en 1868. A guerra e os alistamentos militares convértense na causa do cambio na realidade dos protagonistas, os cales manteñen unha gran conexión coa armada ao longo do paso do tempo. Durante a guerra, terán que refacer a súa vida unha e outra vez, e afrontar as consecuencias.