19/06/2025 - 20:00h
| Casa da Cultura
| Pontedeume
Os tres porquiños
Migallas Teatro

Cultura no Camiño
Os tres porquiños é un espectáculo teatral para os máis pequenos, con monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo. Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil. Sons, texturas e cores captan a atención das nenas e nenos nunha montaxe sinxela e divertida para gozar en familia.