Castelao: la biografía de un ilustre gallego
Jorge Prelorán, 1980

Documental que traza o percorrido vital e artístico do intelectual, artista e político galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao dende a súa chegada á Pampa arxentina con dez anos en 1896, onde o pai tiña un negocio; ata a súa morte en 1950.
Idea que parte do Centro Gallego de Buenos Aires, trátase dun filme de montaxe que toma a obra pictórica de Castelao, fotografías e outras fontes gráficas da altura para trazar este percorrido. Mentres o sindicalista e político Alfredo Baltar pon voz a Castelao, lendo extractos dos seus escritos que desenvolven o seu pensamento e inquietudes; o actor arxentino Luis Medina Castro é o timbre do off omnisciente que ofrece o contexto histórico a cada momento.
Amais da propia obra de Castelao, a fita ten o valor de presentar outros importantes documentos históricos e artísticos, como a fotografía de Manuel Ferrol.