Share
04/07/2026 - 20:00h | Igrexa de Santiago de Rubiás | Calvos de Randín

Os pasadores

  • Centro Dramático Galego en coprodución con Rota Clandestina, Pirilampo e Associação Cultural Prado

os-pasadores

Por que cruzar a fronteira? Porque do outro lado xa había liberdade, non había guerra nin fame; porque tiñan produtos modernos como suxeitadores ou tabaco americano. 

Cruzaban as fronteiras para atopar traballo, fuxir da fame, da guerra ou da ditadura, ou simplemente para intercambiar bens escasos dun lado e abundantes doutro. Aínda que o mercado único europeo eliminou fronteiras fiscais en 1993, as barreiras políticas, económicas e sociais continúan, sobre todo para quen non ten un pasaporte da UE. 

No marco da súa residencia artística durante a MIT Ribadavia 2025, a directora e autora portuguesa Patrícia Portela convidou persoas de todas as idades e procedencias a participar nun obradoiro creativo centrado na construción de narrativas sonoras e performativas. Este curso formou parte do proceso de creación de Os Pasadores, un proxecto artístico transfronteirizo entre o norte de Portugal e Galicia que culmina neste espectáculo de rúa con características radiofónicas. O proxecto parte de historias reais de contrabando, exilio e emigración que tiveron lugar entre a Guerra Civil española (1936–1939) e a Revolución dos Cravos en Portugal (1974). A través destas historias, Portela propón reflexionar sobre a idea de fronteira, identidade e liberdade, conectando pasado e presente. 

 

Ficha artística

Concepción, texto e dirección: Patrícia Portela
Asistencia de dramaturxia: Ângela Rodrigues
Filmaxes: Rui Oliveira e Eloy Séren
Produción: Associação Cultural Prado
Coprodución: CDG, Galiza, AEPGA, Miranda do Douro, Casa Encendida, Madrid

Elenco:

Pedro Sousa Loureiro
Mariña Léston
Patrícia Portela
Ângela Rodrigues
Convidados/as locais
 

Colaboracións e apoios: AEPGA - Associação de Estudo e Protecção de Gado Asinino, PNA – Plano Nacional das Artes, Câmara Municipal de Miranda do Douro, Ayuntamiento de Alcañices, MIT Ribadavia, La Casa Encendida de Madrid, Casa do Pozo, Gerês e Aldeia de San Pedro Fiz de Vilar, Associação do Couto Mixto, Centro Xove da Almáciga, Concello de O Rosal. A Associação Cultural Prado conta ademais co apoio regular do Concello de Oeiras – Cultura/Oeiras Valley.