09/08/2026 - 16:30h
| Vilar de Donas
| Palas de Rei
Os Barrios
Unha actuación de música tradicional a cargo do grupo de gaitas Os Barrios
Cultura no Camiño
O grupo de gaitas Os Barrios é unha formación musical fundada en 1894 por José Argiz na parroquia de Muradelle, Chantada. É considerada a banda de gaitas máis antiga de Galicia en activo. Ao longo da súa historia mantiveron viva a tradición musical galega, participando en numerosas foliadas, romarías e eventos culturais. Grazas a súa extensa traxectoria, conta cun amplo repertorio propio.