Share
09/08/2026 - 16:30h | Área Recreativa Pedroso | Narón

Eiii Carballeira!!

  • Espectáculo musical de Uxía Lambona e a Banda Molona

Eiii Carballeira!!
Cultura no Camiño

Uxía lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil que nace no ano 2014 e está formada por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Uxía cantando e animando!

Ten o  obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliñ@s” a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito  atractivo para eles, cambiando estilos musicáis, letras…, e temas propios sempre en galego.

A día de hoxe teñen tres cd´s publicados:

Uxía Lambona e a Banda Molona 2015

A bailar coma tol@s 2017

Astronauta Sideral 2019

Eiii Carballeira!! 2023