Olvido Flores
Espectáculo producido por Estefanía de Paz Asín
Unha troupe de máis de 50 artistas facía a súa xira polo norte de España e apagaron as súas luces bailando coa morte. Olvido Flores achéganos os testemuños das persoas que viviron os acontecementos sucedidos en Lodosa en xullo de 1936. E gardaron o recordo. Olvido quere dar voz aos sen nome, a esas persoas esquecidas ás que ninguén lles levou flores tras a súa morte. Estefanía de Paz Asín rescatou información e relatos vivos para saber que pasou aquela escura noite e quere iluminar a súa historia, a nosa historia.
Esta actividade forma parte de Senderos, a rede de colaboración con espacios locais de Camiño Escena Norte. Desenvolvida en colaboración co FIOT-Festival Internacional Outono de Carballo