08/10/2024 - 19:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Mesa redonda: Reencadramentos de xénero
xenero, cinema, mesa redonda

Close-up: Cine e perspectiva de xénero
Arrinca o programa Close-Up cunha primeira conversa a tres voces en que, a partir das traxectorias persoais de cada cineasta, trataremos cuestións como a representación da feminidade e da masculinidade mediante a construción dos personaxes ou do peso dos elementos formais á hora de elaborar unha determinada perspectiva de xénero.
Participantes:
Sonia Méndez
Xacio Baño
Ángeles Huerta
Encontro moderado por Jara Yáñez.
Proxección posterior de La felicidad, de Agnès Varda.