Share
08/08/2026 - 20:00h | Avda. Gumersindo Areán | Rodeiro

Odaiko 

  • Concerto de percusión e ritmos tradicionais de distintas latitudes

Odaiko 
Cultura no Camiño

Odaiko ofrécenos un crisol de ideas musicais onde os ritmos de culturas alleas como o latin, o flamenco, o brasileiro ou o africano se mesturan coas innovacións técnicas percusivas e o folklore galego para representar un pasado que dá resposta ao noso presente. Conceptos como labrego, folclore, emigración, industrialización, etc., están presentes ao longo do show nunha viaxe músico-percusiva tratada dun xeito vangardista.