Share
18/11/2022 - 22:00h | Teatro Principal da Estrada | A Estrada

O idioma da tinta

  • Actuación musical de Yolanda Castaño & Isaac Garabatos

O idioma da tinta
Rede galega de teatros e auditorios

Un concerto protagonizado a partes iguais pola música e a poesía, ao fío do libro-disco “O idioma da tinta”, de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos.



Un dos músicos máis versátiles e activos do panorama actual pon música a un dos rostros máis populares da poesía galega. A poesía de Yolanda Castaño encontra nas composicións de Isaac Garabatos o mellor dos acompañamentos, capaz de conectar con propios e estraños a través dun concerto ameno, de alta calidade artística e cargado de emocións. Un xeito de que a mellor poesía contemporánea de Galicia chegue a un público máis alto.