Comando Comadres
Espectáculo teatral da compañía Matrioshka Teatro

Comando comadres a través do humor e a creación escénica, ataca as fondas raíces do sistema heteropatriarcal explorando as moitas formas e manifestacións que adopta a violencia sexista, e cuestionando a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico.
O noso Comando establécese como un pequeno grupo de artivistas preparadas para as encomendas máis perigosas: levar a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión. É un Comando activo de estratexias irreverentes e impredecibles.
Ademais establece unha rede de Comadres centrada na importancia dos coidados e os afectos coa que crear lazos de sororidade e empatía, e coa que rendemos homenaxe a todas as heroínas de a diario, ás señoras silenciadas, ós saberes invisibilizados e a historia oculta do noso pasado.