Share
18/07/2025 - 20:30h | Xardíns da Casa Grande de Viloira | O Barco de Valdeorras

O comezo do mundo

  • Sole Felloza

Sole Felloza
Cultura no Camiño

Monólogo creado a partir das historias recollidas durante a elaboración do material gráfico da exposición Ao pé do lar.

Mentres cociñamos a lume manso, contamos historias. Dende esta premisa, Sole Felloza percorre o país, escoitando as mulleres.

As voces desas mulleres suben ao escenario para contar de tempos sen tempo.

Así falan as señoras Lola, Juana, Emérita, Palmira, Otilia, Erundina e tantas outras ao carón da lareira, ao redor da cociña de ferro. Nese altar da memoria que empeza nas súas mans e medra nos seus ollos.

Mulleres que sacaron adiante aos fillos cando o home marchaba ao mare o a emigración.

Outras que soñan e o que soñan faise realidade.

Algunhas curan con fieitos o que non curou o médico. Con palabras as feridas dos golpes.

Elas abriron a súa casa a ésta uruguaia que abre moito as orellas para aprenderlles ben da fermosa lingua na que constrúen o mundo.

Esta uruguaia á quen sempre preguntan: e ti por quéefalas galego?

E ela sempre responde: e porque non?