06/07/2025 - 20:30h
| Parque do Coto
| Negreira
Calquera verdura
Espectáculo de novo circo a cargo de Pistacatro Produtora de Soños

Cultura no Camiño
Todo está en equilibrio. O Home, ás veces non.
Como Rafael Dante.
O seu desequilibrio aseméllase ao de calquera outro.
Pero o seu equilibrio non.
Dun lado da balanza a técnica,a precisión, a concentración.
Do outro lado o disparate, a gargallada, o imprevisto.
A partes iguais, en equilibrio...
Como o humor co respecto,
Como o Artista sobre os seus obxectos.
Como o noso ADN na súa estrutura,
ou como o de calquera verdura...