Share
06/07/2023 - 22:30h | Xardín botánico: O Burgo | Culleredo

O benquerer(se)

  • Espectáculo de música a cargo de Aldaolado

O benquerer(se)
Cultura no Camiño

Neste espectáculo as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Cun afiado sentido do humor, Aldaolado falan do patriarcado, do feminismo, da discriminación de xénero, do concepto do amor romántico, do amor a unha mesma e de todos aqueles temas cos que van tropezando no seu camiño.  Para isto parten de experiencias propias que aparecen nas historias e poemas, pero tamén chaman por mulleres que marcaron a nosa historia - como Elisa e Marcela, por poñer só un exemplo-, e que van aparecendo entre os versos, nas cancións e nas pequenas homenaxes que conforman este espectáculo cheo reflexión, risas e amor. Porque ser muller é tamén aprender a quererse e querer ás outras, e, se fai falla, rirse incluso dunha mesma e das nosas pantasmas. E Aldao e Lado pensan que o humor e a poesía son tamén ferramentas coas que mudar o mundo.