Share
06/07/2023 - 21:00h | Campo da Feira | Carral

Camiños que parten

  • Espectáculo de danza a cargo de Furia Sotelo

Camiños que parten
Cultura no Camiño

“Camiños que parten” é un espectáculo multidisciplinar de 20min de duración para espazos non convencionais para tódolos públicos que combina a música en directo e a danza. O espectáculo enlázase cunha intervención musical de Mounqup de 40 minutos, facendo un total de 60 minutos.

“Camiños que parten” é unha viaxe a través dos elementos naturais que serviron de inspiración, guía e material sonoro para o último disco de Mounqup, “Aquelarre”. En “Camiños que parten” escolléronse o vento, as rochas, os ríos e a cinza como guía para a viaxe purificadora destas tres mulleres. Como inspiración as mulleres do campo galego. Mulleres fortes que crian aos seus fillos nun entorno no que conxugan as súas aspiracións personais co traballo interminable preciso para manter o seu fogar, cortar a leña, anticipar estacións, manter a horta...