20/08/2023 - 14:30h
| Praza Antonio Rojo Losada
| Monterroso
O baúl do mago
Espectáculo de maxia a cargo de Mago Rafa

Cultura no Camiño
Unha aventura máxica e unha experiencia innovadora sen precedentes que se desenvolve a bordo do BAÚL DO MAGO (unha caravana convertida nun auténtico Teatro Itinerante na procura de aventuras).
Onde a Maxia non só se ve, senón que se vive. As características do BAÚL DO MAGO conseguen que a interactividade e participación co espectáculo estean máis que aseguradas, pois a proximidade e interactuación co mago é unha constante durante o espectáculo. Trátase dunha experiencia irrepetible que se lembrará, probablemente, durante toda a vida.
Unha alternativa máxica diferente e orixinal coa que achegar a Maxia a un público familiar dunha forma divertida e infestada de innumerables vantaxes.