Share
14/08/2023 - 20:00h | Praza do concello | Trabada

Ghop!

  • Espectáculo de novo circo a cargo de Teatro ó cubo

Ghop!
Cultura no Camiño

Ghop! vén de Hop! ¿Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra de ímpeto soe completa e a nosa querida “h” non fique muda coma sempre?

Ghop! imprime con enerxía un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar.

Teatro Ó Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral para toda a familia.