Share
20/10/2022 - 23:30h | Borriquita de Belém | Santiago de Compostela

Noar

  • Concerto a cargo de Noar

Noar
Rede galega de música ao vivo

Noar é o novo proxecto musical de Iago Marta (guitarra eléctrica) e Rubén Fernández (voz/electrónica), músicos galegos de considerable traxectoria e intereses eclécticos, formados na vangarda musical catalana. Un proxecto que ofrece un universo sonoro tecido dende diferentes galaxias estilísticas que permite recorrer roteiros que conducen a composicións expansivas donde a dirección do discurso musical toma camiños inesperados. A inspiración temática parte dunha viaxe por diferentes paisaxes sonoras que suscita preguntas e reflexións sobre o misterio do universo, a vida e a morte, o sentido da existencia...as grandes inquedanzas humanas. Na escea, o resultado mantén a esencia dun dúo de voz e guitarra, pero os loops, os efectos e a percusión fan que a dimensión sonora se amplíe transitando dende texturas minimalistas ata harmonías que semellan orquestais.