Share
20/10/2022 - 23:00h | Casa das Crechas | Santiago de Compostela

Areal

  • Concerto a cargo de David Regueiro

Areal
Rede galega de música ao vivo

David Regueiro Trio presenta AREAL.



David Regueiro, cunha ducia de discos editados, con centos de actuacións por diferentes países e co aplauso unánime de prensa e público, consolidouse coma un dos guitarristas de gypsy jazz máis prominentes do Estado.

Co seu trío, no que se acompaña de Gonçalo Mendonça (guitarra) e Juyma Estévez (contrabaixo), presenta AREAL, un álbum conformado por nove composicións de David Regueiro. Está ubicado no jazz manouche, a corrente estética creada por Django Reinhardt, sen deixar de lado outras das súas influencias: o swing americano e o be-bop. O trío aporta unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición ao tempo que fresca e innovadora.