Share
22/10/2023 - 17:30h | Auditorio Municipal de Goián | Tomiño

Nina Ninette

  • Espectáculo de danza a cargo de Paula Quintas Cía

Nina Ninette
Rede galega de teatros e auditorios

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi doado entrar pero ben complicado sair. Será quen de conseguilo?

Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico celebrando o centenario da súa estrea, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.

María Torres e Marta Alonso Tejada e Paula Quintas forman un equipo de creación para a peza iniciada a partir da estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer -Bauhaus- do 1921.