Share
21/10/2023 - 20:30h | Teatro da Beneficencia | Ortigueira

Nais

  • Espectáculo de teatro a cargo de Iago Regueiro

Nais
Rede galega de teatros e auditorios

Elena (Eva Iglesias) e Carla (Inma Morandeira) son as protagonistas desta comedia de enredo chea de situacións disparatadas. Ambas coñécense por casualidade na sala de espera do xinecólogo. Elena é tradicional e non concibe a maternidade sen a existencia dun pai. Carla, pola contra, é unha executiva á que lle preocupa máis a súa carreira profesional. Entre elas saltan chispas pero o karma é caprichoso e non será, nin moito menos, a última vez que se atopen. A vida poñeraas cara a cara en diferentes etapas da súa vida.

Conseguirán estes encontros achegar as súas posturas? Acabarán converténdose en inimigas íntimas?

75 minutos de pura comedia, na que nada é o que parece. Dúas persoas de mundos diferentes que poden estar máis preto do que pensan.