19/11/2025 - 20:30h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
My Father’s Shadow
Akinola Davies Jr., 2025
Cormorán film fest 2025
Lagos, 1993. Os irmáns Remi e Akin pasan un día con seu pai, descubrindo por vez primeira a magnitude e o caos da cidade, mentres son testemuñas das silandeiras batallas do seu proxenitor por manter a familia. Mais ese día máxico vese ameazado polo tumulto das eleccións presidenciais de 1993, cuxos resultados poderían impedirlles regresar a casa.