20/11/2025 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
ILOVERUSS
Tova Mozard, 2025
Cormorán film fest 2025
Durante máis de vinte anos, a artista Tova Mozard filma a súa amizade con Russell, un actor secundario perdido nas marxes de Hollywood. O que comeza como un retrato documental convértese nun diálogo sobre o tempo, a soidade e a necesidade de sentirse visto. Un acto de amor cara a quen vive entre a realidade e o escenario.