22/06/2025 - 19:00h
| Campo de Feira
| Guitiriz
Momentos máxicos
Mago Jorge

Cultura no Camiño
Este espectáculo está especialmente deseñado para mergullar o público nun mundo de maxia, ofrecendo unha experiencia personalizada e inesquecible en cada ocasión.
Con trucos sorprendentes e divertidos, esta maxia familiar, participativa e dinámica involucra activamente o público, facendo que todos se sintan parte do espectáculo. Dende ilusións abraiantes ata trucos interactivos que te farán preguntarte "Como o fixeron?", Momentos máxicos é unha aventura máxica que promete diversión para todas as idades.