Share
22/06/2025 - 19:00h | Centro Sociocultural de San Cosme | Barreiros

Lavandeiras

  • Vero Rilo

Lavandeiras
Cultura no Camiño

As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa, tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia.
Ao seu redor, as lendas e os contos sucédense por toda a nosa xeografía, tanto física como identitaria.

Recollemos parte dese patrimonio oral, dende as lavandeiras nocturnas enchoupadas en sangue até o traballo colectivo das lavandeiras de Redondela, na illa de San Simón cando a guerra.

Tamén contamos de Manuela Lores e cantamos as fontes e os ríos. Poñemos os pés a remollo cada día...