24/05/2025 - 21:30h
| La Pecera
| Vigo
MJ Pérez

Rede galega de música ao vivo
Nesta xira, MJ Pérez fai repaso dos temas máis destacados da súa traxectoria ata os últimos lanzamentos como é o seu single Barco á Deriva (2024). A artista arzuá, ofrece neste espectáculo unha auténtica viaxe de sensacións e estilos, que van dende o pop-rock ata a música portuguesa, pasando por ritmos latinos. Se algo destaca desta autora é a súa versatilidade á hora de xogar cos diferentes estilos, mais sen perder a esencia que a caracteriza. Moita música, unhas letras inconfundibles e unha voz única que fará vibrar e bailar ao público.