Share
24/05/2025 - 22:00h | A Pousada da Galiza Imaxinaria | Boiro

Anxo Araújo

  • Aprender a bailar

Anxo Araújo
Rede galega de música ao vivo

Aprender a bailar é en palabras do xornalista musical Carlos Crespo (Fugas) un dos mellores discos producidos en Galicia nos últimos tempos. Anxo Araújo presenta nos escenarios o seu segundo álbum, orixinal e entregado ao pop máis saboroso que pon ao descuberto o lado máis luminoso do artista. O artista emerxe cun disco de sublime pop emparentándose, segundo o crítico Noel Feáns (a Regueifa 2.0), con propostas do indie internacional como os primeiros Vampire Weekend ou os Crystal Fighters. O pontevedrés firma un traballo cheo de sensibilidade que procura asilo nos ritmos de baile e na súa elegante voz. Anxo Araújo é un dos novos nomes da escena do pop independente galego.