Melón pelado
Espectáculo teatral a cargo de ButacaZero
Dúas titiriteiras abren unha caixa de bonecas que en realidade é un baúl dos recordos. Arranca o conto. España, mil novecentos trinta e tantos. Ameniza o espectáculo a Banda de Música do Pobo (de calquera pobo). Entre o posto de churros e a caseta de anís comparece a procesión, o desfile, a comparsa. Pero trátase dun desfile dantesco de bonecas rapadas. A obra, sen dúbida parece un esperpento. Pero de Valle-Inclán non é. Melón Pelado propón unha viaxe iniciática cara lugares da historia non escrita nin contada, nin moito menos fotografada, para reflexionar sobre o propio feito da memoria do atopado.
Ficha artística
Autoría: Mª Esther Fernández Carrodeguas
Dirección: Xavier Castiñeira
Adaptación: Mª Esther Fernández Carrodeguas
Escenografía: Luchi Iglesias
Deseño sonoro e música: Juanma LoDo
Deseño iluminación: Mª Esther Fernández Carrodeguas
Elenco artístico: Nuria Gullón e Cris Collazo