29/10/2023 - 18:00h
| Auditorio Lois Tobío
| Gondomar
Mamut
Espectáculo de teatro a cargo de Markeliñe

Rede galega de teatros e auditorios
Tres personaxes homínidos distintos refúxianse da ameaza dos lobos xunto aos restos óseos dun mamut. E na súa loita pola supervivencia deciden entenderse, cooperar e crear xuntos a pesar das súas diferenzas. O mamut e os seus ósos convértense en utensilio e ferramenta para a creatividade. Desta maneira, o descubrimento da ficción convértese no achado máis poderoso porque abre a porta a outras realidades e posibilidades. Así, cada invención ou novo descubrimento é como un nó novo co que se vai atando a nosa existencia.