Share
29/10/2023 - 18:00h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

Bailar no ceo

  • Coprodución do Centro Dramático Galego con Xerpo Produción Teatral

Bailar no ceo

Proxecto gañador da Bolsa de Dramaturxia e Creación 2022/2023 do Centro Dramático Galego, este texto de Ana Abad de Larriva achéganos a historia das orixes da aviación en Galicia e, en concreto, de dúas figuras pioneiras, José Piñeiro e Chichana Patiño, ao tempo que establece pontes entre a arte, a maxia de voar e a maxia de vivir.

En 1911, nas festas da Peregrina, en Pontevedra, un piloto francés facía unha exhibición aérea. Entre o público estaba José Piñeiro, veciño de Sanxenxo, que ese día soubo que o seu destino era ser aviador. 

 

Texto: Ana Abad de Larriva

Dirección: Irene Moreira

Dramaturxia: Ana Abad de Larriva e Irene Moreira

Intérpretes: Álex Sobrino, Cora Velasco / Rocío Romero, Ana Abad de Larriva

Iluminación: Beatriz de Vega

Animación 2D: Roi Fernández

Son e proxeccións: Fran Leboso

Gravación son: Estudios Parolas

Vestiario: Centro Dramático Galego e Xerpo

Deseño: Álex Sobrino

Coproducen: Xerpo e Centro Dramático Galego

Colabora: Concello de Cangas